• Sérgio Tannus Trio:

Sérgio Tannus

Sérgio Tannus


 
Sérgio Tannus. É un dos artistas mais completos da safra brasileira. Autodidacta, virtuoso en instrumentos variados, como guitarras, violões, baixos, cavaquinho, bandolim e percusións, o músico foise perfeccionando na procura de novas sonoridades, aliadas ás influencias universais, sen entretanto deixar de lado as súas raíces brasileiras. Desde o 2006 vive en Santiago de Compostela, en Galicia, desde onde está a divulgar o seu traballo como multi-instrumentista e cantautor por varios países de Europa.

 
 
 
 
Paulo Silva

Paulo Silva

     

Paulo Silva (percusión)é natural de Salvador de Bahia. Cursou estudios de batería de jazz con Michael Kuettner na Alemaña e participou en numerosas gravacións como batería, percusionista ou cantante. Desde que vive en Galicia traballou con artistas como Budiño, Odaiko, Uxía, Guadi Galego, Xoán Curiel, Emilio Rúa, Carlos Blanco, Quico Cadaval, Óscar Fernández, Óscar Ibáñez, Mercedes Peón, Jorge Pardo, Kepa Junkera, Socorro Lira, Fred Martins, João Afonso, L.A.R. Legido, Monkillos ou Alejandro Vargas, entre outros.

 
 
 
Gutier Álvarez

Gutier Álvarez

 
 

Gutier Álvarez (zanfona, violín e gaita) é a novidade nesta formación e o elemento galego dos directos de SON BRASILEGO. Natural de Pobra de Trives, desde moi novo vincúlase á música tradicional a través de varios grupos cos que actúa en festivais de toda Europa. Formou parte de diversas formacións e proxectos como Os Cempés, Pablo Seoane Grupo ou ‘Descarga ao vivo Galiza-Cuba’. Actualmente imparte as aulas de violin en aCentral Folque de Santiago e é mestre de música.

 
 
 
 
 

COLABORADORES

  • Sérgio Tannus Quarteto:

Pablo Vidal Mendoza

Pablo Vidal Mendoza

Pablo Vidal Mendoza. Multiinstrumentista de formación ecléctica. Tras unha intensa actividade en grupos da “movida” (“7ª Convocatoria”, “Os Resentidos”, etc.), traballar como arranxista e músico de sesión, na actualidade adícase a súa gran paixón que é a composición, producción e grabación no seu lar-estudio ao carón da Ría de Arousa.
As súas colaboracións son numerosas. Recentemente participou en proxectos como “Purofilin”, “Steps 4 Jazz”, “A Doce Vita Sons de cine”, “Os Resentidos” etc.
 
 
 

  •  
     

    Sérgio Tannus Quinteto:

Pablo Seoane

Pablo Seoane

Pablo Seoane (piano) é un dos músicos máis activos de Galicia. Estuda no Conservatorio Superior da Coruña e no Seminario Permanente de Pontevedra. T realizado tamén numerosas masterclass con músicos como Mulgrew, Abe Rábade ou Jesús Santandreu, entre outros. Ademais de pianista, é compositor para espectáculos teatrais, así como para moitos proxectos moi vinculados á música brasileira, sendo o jazz e a música brasileira os estilos aos que dedica o seu maior tempo.