• Trío: Sérgio Tannus, Pablo Seoane e Paulo Silva
Pablo Seoane

Pablo Seoane

Pablo Seoane (piano) é un dos músicos máis activos de Galicia. Estuda no Conservatorio Superior da Coruña e no Seminario Permanente de Pontevedra, e ten realizado ademáis numerosas masterclass con músicos como Mulgrew, Abe Rábade, Jesús Santandreu… Ademais de pianista é compositor para espectáculos teatrais, así como para moitos proxectos moi vinculados á música brasileira, sendo o jazz e a música brasileira os estilos aos que dedica o maior tempo.

Paulo Silva

Paulo Silva

Paulo Silva (percusión) é natural de Salvador de Bahia. Cursou estudos de batería de jazz con Michael Kuettner en Alemaña e participou en numerosas gravacións como batería, percusionista ou cantante. Desde que vive en Galicia traballou con artistas como Budiño, Odaiko, Uxía, Guadi Galego, Xoán Curiel, Emilio Rúa, Carlos Branco, Quico Cadaval, Óscar Fernández, Óscar Ibáñez, Mercedes Peón, Jorge Pardo, Kepa Junkera, Socorro Lira, Fred Martins, Joao Afonso, L.A.R. Legido, Monkillos, Alejandro Vargas, entre outros.